- Data de publicación
- Data de solicitude
- Prazo de resolución
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) segue a considerar de relevancia, por quinto curso consecutivo, a convocatoria das axudas de manutención dirixidas ao seu estudantado. Estas axudas, iniciadas en 2020 debido á crise económica derivada da enfermidade por coronavirus continúan sendo necesarias, tendo en conta a permanencia da crise económica reflectida na actual conxuntura de escalada de prezos, e que está afectando ao consumo de produtos básicos.
Obxecto das axudas
As presentes axudas teñen por obxecto sufragar parcialmente os gastos de alimentación mediante a emisión de bonos de comedor intercambiables por un menú diario para levar ou para consumir nas instalacións da cafetería ou comedor, na franxa horaria do mediodía, coa posibilidade de retirar un menú adicional para levar de luns a xoves ou até dous menús adicionais os venres, nos días e períodos lectivos segundo o calendario escolar do curso 2024/25.
Requisitos das persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o estudantado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) que cumpra os seguintes requisitos:
Requisitos académicos
- Estar matriculado/a no curso 2024/25 en estudos conducentes á obtención dun título oficial de grao ou mestrado en calquera centro da USC.
- Non estar en posesión ou en condición de posuír un título do mesmo ou superior nivel ao dos estudos nos que se matricula para solicitar a axuda.
- Formalizar matrícula de, polo menos, 30 créditos, ou no caso de estudos de grao, formalizala dos créditos restantes para rematar os estudos.
- Non poderá participar o estudantado que estea cursando na USC un programa de mobilidade entrante nacional ou internacional, así como o estudantado da USC que na data de remate do prazo de solicitude se atope cursando un programa de mobilidade noutra universidade.
Requisitos económicos
Os requisitos económicos referiranse á Renda Persoal Dispoñible (RPD) da persoa solicitante, que non poderá superar os 9.000 euros, así como á existencia de situacións laborais e económicas de especial gravidade posteriores ao ano 2023 previstas no segundo punto, que haberán de xustificarse documentalmente. Neste último suposto, poderase optar ás axudas aínda que no exercicio correspondente para o cálculo da RPD se superasen os 9.000 euros.
Presentación de solicitudes
- O prazo para presentar as solicitudes estará aberto entre o 27 de setembro e o 17 de outubro de 2024
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos en dúas fases:
- A través da Sede Electrónica da USC enchendo o formulario normalizado de solicitude que está dispoñible no seguinte enderezo: https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/175/ver.htm
- A través da plataforma do Banco Santander accedendo ao seguinte enderezo: http://app.santanderopenacademy.com/program/axudas-para-manutencion-do-estudantado-da-usc-durante-o-curso-2024-2025
- As solicitudes que non completen integramente as dúas fases teranse por desistidas e a persoa non poderá optar ás axudas
Xerencia - Axudas
- Cargo
- Xestión de axudas
- Enderezo
- Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6. 15782 Santiago de Compostela
-
Teléfonos
-
881 811 307
881 811 301 - xerencia.axudas [at] usc.gal
Xerencia
- Casa da Balconada
-
Rúa Nova, nº 6, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 811 010
- xerente [at] usc.gal
Xerencia - Axudas
- Cargo
- Xestión de axudas
- Enderezo
- Casa da Balconada Rúa Nova, nº 6. 15782 Santiago de Compostela
-
Teléfonos
-
881 811 307
881 811 301 - xerencia.axudas [at] usc.gal
Xerencia
- Casa da Balconada
-
Rúa Nova, nº 6, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 811 010
- xerente [at] usc.gal