Ir o contido principal
Inscrición Ligas

Prazo para inscribir o equipo: 
•    Santiago:  do 8 (09:00 h.) ao 21 de setembro (23:59 h.) de 2025
•    Lugo: do 8 (09:00 h.) de setembro ao 14 outubro (23:59 h.) de 2025

O responsable da tramitación en liña da inscrición do equipo é a persoa capitá.

A inscrición dos equipos na Liga universitaria ten un custo de 46,64€ a pagar por equipo. 


As residencias universitarias e a Asociación de Intercambio de Estudantes de Santiago de Compostela, de facerse cargo do pago das inscricións dos seus equipos e antes de realizar calquera outro trámite, deberán poñerse en contacto coa Área Deportiva da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.08.2025.