A USC conmemora un século dos estudos de Historia cun libro que revisa a súa evolución con miradas plurais
Ramón Villares dirixe a publicación, que inclúe biografías, testemuños de persoas que estudaron na Facultade e análises das particularidades das distintas épocas
Ler máis‘Caídas’ de Montserrat Fajardo logra o premio Xohana Torres que será publicado por Edicións USC
O ditame do xurado no que participou a delegada do reitor para a Igualdade, Marta Pérez Pereiro, deuse a coñecer este venres 8 no acto institucional co que o Concello de Santiago, promotor do certame, conmemora o Día Internacional das Mulleres
Ler máisA certificación de calidade do selo USC Editora chega aos dez anos de vida
O informe da última auditoría de AENOR segue destacando como puntos fortes do sistema o uso de ferramentas informáticas de última xeración para a xestión editorial integral e “os excelentes resultados das enquisas de satisfacción”
Ler máisUn recital poético festexa a saída do número 45 da revista 'Dorna'
Afra Torrado, Antía Otero, Keith Payne e Lois Pérez leron poemas incluídos na publicación
Ler máisAs cantigas, textos esenciais para desvelar a vida das mulleres galegas na Idade Media
Edicións USC publica a antoloxía interdisciplinar 'Mulleres medievais. Textos e imaxes na lírica galego-portuguesa', que aborda o estudo das composicións e das ilustracións contemporáneas desde a Filoloxía, a Historia e a Historia da Arte
Ler máisA 'Revista Galega de Economía/Galician Journal of Economics' incorpórase a Web of Science
Tras un rigoroso proceso de avaliación, a publicación entra na base de datos ESCI (Emerging Source Citation Index)
Ler máisUSC e Consorcio de Santiago abordan na súa última co edición o universo gráfico compostelá entre 1450 e 1550
Ambas institucións acaban de presentar o libro Escribir en Santiago: el universo gráfico compostelano entre 1450 y 1550
Ler máisBota a andar a campaña ‘Libros da Universidade, agasallos de Nadal’
Ata o 22 de decembro, o Servizo de Publicacións e Intercambio Científico ofrece descontos coa vontade de “achegar a produción editorial á comunidade universitaria en condicións especiais, propoñendo títulos moi interesantes en eidos diversos como posibles agasallos do vindeiro Nadal”
Ler máisO Servizo de Publicacións participa na Semana do Libro de Compostela que se estenderá do 10 ao 19 de xuño
O Servizo de Publicacións e Intercambio Científico súmase á SELIC 2022 que este ano decorre baixo o lema ‘Festival da lectura’, con preto dunha trintena de novidades editoriais de diversas coleccións e temáticas
Ler máisUnha publicación abre novas vías investigadoras en torno ao mundo clásico
‘Scripta manent: nuevas miradas sobre los estudios clásicos y su tradición’ está coordinado por Laura Camino, Miguel Giadás, Eleonora Giunchi e Iria Pedreira
Ler máisO Servizo de Publicacións e Intercambio Científico repite na Semana do Libro de Compostela
A USC achega preto de trinta novidades editoriais de diversas coleccións e temáticas a esta iniciativa que se desenvolve ata o 19 de setembro
Ler máisUnha publicación do Ibader sitúa o nordeste de Galicia como a rexión mundial con maior densidade de lobos
A revista ‘Recursos Rurais’ inclúe no último número un artigo sobre poboación de Canis lupus asinado por Pedro Alonso, David Martínez e Miguel Hevia que proba a existencia de 16 grupos reprodutores nunha área de 2.900 km2, na que se estima a presenza de 22 familias, máis do triplo das contabilizadas no censo oficial de 2015, ademais dun crecente número de individuos solitarios
Ler máisO impacto da COVID-19 nas persoas maiores, obxecto de análise nunha obra do Servizo de Publicacións da USC
A Cátedra Cruz Vermella Española para a mellora de calidade de vida das persoas maiores deu pulo a esta investigación, que baixo a dirección de Fidel Martínez Roget, achega resultados dunha enquisa realizada a preto de medio millar de persoas de 65 anos ou máis, para avaliar como lles afectou a pandemia
Ler máis