Ir o contido principal
AUIP
Bolsas para cursar mestrados universitarios na Universidade de Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Asociación Iberoamericana de Postgrado (AUIP), en virtude do convenio específico de cooperación académica universitaria asinado, unen esforzos para fortalecer as relacións de cooperación con institucións de Educación Superior Iberoamericanas. Especialmente, traballan no ámbito do posgrao, co obxectivo de contribuír á mellora da calidade dos estudos de posgrao en Iberoamérica.

Así mesmo, promoven a internacionalización a través da mobilidade de estudantes latinoamericanos, facilitando o seu acceso a mestrados universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 04.02.2025.