Se desexas estudar na USC durante un ou dous semestres como estudante de intercambio por convenio bilateral é preciso que a túa universidade teña convenio connosco e teñas sido nomeado/a como candidato/a á mobilidade.
Enderezo electrónico de contacto: bilateral.exchange [at] usc.gal
Todo o proceso realízase por vía electrónica. A universidade de orixe presentará as súas candidaturas unicamente a través do correo electrónico antes do 15 de maio para o semestre de outono e do 15 de outubro para o de primavera. Na nomeación especificaranse os seguintes datos do estudantado:
- Nome completo segundo aparece no pasaporte ou documento de identidade
- Enderezo de correo electrónico
- Titulación de interese entre a nosa oferta de Grao
- Período do intercambio.
Cando teñamos rexistrado as candidaturas, os/as estudantes recibirán un e-mail co acceso á nosa plataforma online, para completar a inscrición seguindo as instrucións que se indican aquí: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional/mobilidade-estudantes/convenio-bilateral-entrantes-instrucions-inscricion
Documentos requeridos
- Acordo de estudos no que consten as materias que pretenden ser cursadas na USC na oferta de Grao e as equivalentes en orixe. É moi importante que se seleccionen as materias que se imparten no semestre do teu intercambio (1SG para estancias de setembro a xaneiro e 2SG de xaneiro a maio).
- Certificación académica, no que consten as materias cursadas ata a actualidade en orixe e cualificacións
- Carta de motivación que xustifique o interese en estudar na Universidade de Santiago de Compostela
- Pasaporte
O prazo límite para rematar as candidaturas online é 31 de maio para o semestre de outono e 31 de outubro para o de primavera. A partir de entón analizaranse os documentos e, de estar todo correcto, xerarase una carta de aceptación dixital que permitirá ir preparando a viaxe.
Campus en dúas cidades:: Santiago de Compostela e Lugo
A Universidade de Santiago de Compostela conta con campus en dúas cidades diferentes: Santiago e Lugo, que ofrecen estudos de grao diferentes, como se menciona aquí. Non poden escollerse materias dos dous campus e, dado que as dúas cidades encóntranse a 100 km e non contan con comunicación moi fluída entre elas, tes que vivir na cidade na que estudes.
Idioma de enseñanza
En xeral as titulacións da USC impártense en español e galego
Requisitos lingüísticos
- B1 de español (intermedio) para a maioría das titulacións
- B2 para as titulacións da Facultade de Filoloxía e algúns mestrados
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Santiago
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- international [at] usc.gal
Oficina de Mobilidade
- Oficina de Lugo
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- internacional.lugo [at] usc.gal