A USC convoca 20 bolsas para Estudantes da USC que vaian realizar estudos ao abeiro do programa Erasmus+ no curso 20254-2026, enmarcadas no programa “Becas Santander Erasmus”, impulsado polo Grupo Santander co obxectivo de axudar ao estudantado universitario que teña obtido unha axuda Erasmus+.
E-mail de contacto: erasmus [at] usc.gal
Persoas destinatarias
Estudantes da USC que vaian realizar estudos ao abeiro do programa Erasmus+ no curso 2025-26.
Contía das axudas
20 axudas de 1.000€.
Modalidade de pagamento
A bolsa será aboada pola USC directamente á persoa beneficiaria nunha conta corrente aberta polo/a estudante no Banco Santander, unha vez que se incorpore á universidade de destino. A incorporación xustificarase polo envío por correo electrónico do certificado de chegada asinado e selado pola universidade de acollida. Non se fará o ingreso antes de recibir dito certificado.
Prazo de solicitudes
Ata o 30 de abril de 2025
Solicitude
Inscrición na páxina: https://app.santanderopenacademy.com/es/program/para-erasmus-2025
O estudantado deberá autorizar á USC a proporcionar ao Banco Santander a información que este lles requira para os efectos destas bolsas.
Selección
Para as 2 bolsas de 1.000€ os criterios de selección son os seguintes:
- 18 bolsas para o estudantado co mellor expediente académico.
- 2 bolsas para o estudantado co mellor expediente académico que acredite unha discapacidade igual ou superior ao 33%. En caso de non haber estudantes que cumpran este criterio, a bolsa concederase ao/á estudante que conte co mellor expediente académico e sexa beneficiario/a dunha bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso 2024-2025.
Convocatoria no Taboleiro de anuncios
https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/131745/carga.htm (publicado 17/02/2025)
Resolucións derivadas da convocatoria
Resolución Adxudicación Provisional das Bolsas Santander Erasmus 2025-26: