Ir o contido principal
Axudas de mobilidade para PTXAS a países extracomunitarios a través do programa Erasmus+.
Co-financiado pola UE

 

A USC convoca  axudas á mobilidade internacional para persoal técnico e de administración e servizos (PTXAS), para estadías en institucións socias da USC fóra da UE no marco do Programa Erasmus+, Acción Chave KA171.  

A mobilidade terá que ter lugar durante o ano 2025 e a duración da actividade será dun mínimo de 5 días de traballo e dun máximo de 2 meses, se ben só se financiarán 5 días de traballo e ata 2 días de viaxe.

Email de contacto: erasmus.ka107 [at] usc.gal (erasmus[dot]ka107[at]usc[dot]gal)

Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.12.2024.