Ir o contido principal
Facemos 10 anos!

Celébrao connosco revisando os traballos gañadores da edición 2025!
Logo traduceTED

Case sen decatarnos... e levamos xa unha década xuntando galego e charlas TED.

Desque comezamos en 2016 moitas cousas pasaron: anos de máis e de menos participación, o covid-19, ampliamos o foco desde as ciencias da saúde a calquera ámbito da divulgación científica... Pero seguimos coa mesma gana de producir e difundir vídeos TED en galego. E para iso, convocamos un ano máis o #traduceTED 2025.

Entra na lapela correspondente a este ano, e poderás ver todos os traballos que participaron, os que foron finalistas e os que gañaron premio.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 01.12.2025.