- Entidade
- Servizo Galego de Saúde
- Data de inicio da solicitude
- Data de fin da solicitude

Convocar concurso-oposición para o ingreso na categoría de traballador/a social A2
Requisitos:
-Titulación: estar en posesión do Título universitario oficial de graduado/a ou diplomado/a en Traballo Social ou estar en condicións de obtela dentro do prazo de presentación de solicitudes.
No caso de titulacións extracomunitarias ou obtidas noutro Estado membro da Unión Europea, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais, respectivamente.
-Protección xurídica do/da menor. Non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia.
-Posuír a nacionalidade española ou a dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, estar incluído no ámbito de aplicación dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España en que sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as ou ter recoñecido tal dereito por norma legal.
-Idade: ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa legalmente vixente.
-Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.
-Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.