O Servizo Universitario de Residencias (SUR) ofrece aloxamento para participantes en congresos organizados por órganos ou persoal da USC e para congresos relacionados co ámbito docente, investigador ou cultural organizados por entidades alleas á USC.
PREZOS CONGRESOS
1. PREZOS XERAIS
Cuarto individual |
Cuarto dobre |
33 € / día |
53 € / día |
Incluido o 10 % de IVE.
2. PREZOS PARA ESTUDANTES.
A. PREZOS CONGRESOS ORGANIZADOS POLA USC.
Cuarto individual |
Cuarto dobre |
22 € / día |
33 € / día |
Incluido o 10 % de IVE.
B. PREZOS CONGRESOS NON ORGANIZADOS POLA USC.
Cuarto individual |
Cuarto dobre |
28 € / día |
39 € / día |
Incluido o 10 % de IVE.
3. PREZOS DOS APARTAMENTOS
A reserva mínima nos apartamentos será de 5 días
Apartamento pequeno |
Apartamento mediano |
Apartamento grande |
58 € / día |
65 € / día |
78 € / día |
Incluido o 10 % de IVE.
A persoa responsable de xestionar un congreso poderá solicitar, a través do formulario que se atopa nesta páxina web, aloxamento para as persoas asistentes en calquera das residencias ou colexios maiores da USC.
Os cuartos poden ser individuais ou dobres segundo o centro solicitado. Deberá ter en conta que cando se ocupe un cuarto dobre deberá aboar o importe total deste.
Unha vez envíe o formulario de solicitude e sexa revisado no Servizo, recibirá un correo electrónico coa confirmación da reserva ou coa comunicación da non dispoñibilidade de prazas no centro seleccionado.
O persoal da USC deberá realizar a solicitude a través do formulario que se atopa nesta páxina. Neste formulario poderá optar polas seguintes modalidades de pago:
1. Transferencia bancaria polo importe total da reserva. Rematada a estancia emitirase unha factura cos datos indicados no formulario da solicitude.
2. Folla de pedimento/Autorización. Deberán enviar a correspondente folla de pedimento/autorización asinada para a emisión do cargo interno (sen IVE) unha vez rematada a estancia.
3. Tramitación/xestión Web. Os/as organizadores/as deberán reservar o número de prazas que precisen para as datas de celebración do congreso. O Servizo confirmará a reserva e enviará á persoa solicitante unha ligazón, que deberá achegar ás persoas interesadas no aloxamento.
As persoas que se vaian aloxar deberán efectuar o pagamento con tarxeta de crédito ou débito no momento de facer a reserva a través da ligazón enviada.
O persoal alleo á USC responsable de xestionar un congreso relacionado co ámbito docente, investigador ou cultural poderá solicitar, a través do formulario que se atopa nesta páxina web, aloxamento en calquera das residencias ou colexios maiores da USC.
Pagamento
A única forma de pago posible é a de transferencia bancaria polo importe total da reserva.
Rematada a estancia emitirase a correspondente factura, polo que é moi importante que os datos de facturación estean debidamente cubertos na solicitude.
Un mes antes da data do comezo do congreso deberá comunicar ao SUR o número de prazas reais que van ocupar. Ao mesmo tempo deberá solicitar a cancelación das prazas que non precisen para non ter que aboalas.
Agás no caso de escoller a opción “Tramitación Web” para os congresos organizados por órganos ou persoal da USC, 20 días antes da data do aloxamento deberán achegar un listado cos datos de identificación dos/as ocupantes (nome completo e NIF/NIE/ pasaporte). A partir dese momento non se admitirán cambios no número de prazas reservado.
A modificación ou cancelación da reserva realizada e aboada polo/a ocupante da praza no caso da Tramitación Web, deberá solicitarse cunha antelación mínima de 7 días antes da entrada na residencia ou colexio maior.
As cancelacións e modificacións das reservas deberán ser comunicadas ao SUR, enviando un correo electrónico ao enderezo sur [at] usc.es
O Rexistro de actividades de tratamento de datos da USC contempla a recollida da información necesaria para tramitar as peticións de aloxamento no SUR. Os datos proporcionados polos/as interesados/as, ou persoal da USC autorizado, recóllense a través do formulario web.
As persoas que se vaian aloxar no SUR deberán entregar a autorización do tratamento de datos asinado antes da súa incorporación ao centro onde se vaian aloxar.
Servizo Universitario de Residencias (SUR)
- Pavillón de Estudantes
- Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782Santiago de Compostela
- 881 814 574
- 881 814 560
- 881 814 525
- sur [at] usc.es