De xeito interno estrutúrase en cinco subdireccións baixo a dependencia directa do seu director dedicadas aos diferentes ámbitos de actividade no eido das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
- Responsable de redes de comunicacións
- Responsable de centros de datos
- Responsable de servizos básicos
- Responsable do campus de Lugo
- Responsable de atención a centros e unidades
- Responsable equipamento TIC de centros e persoal da USC
- Responsable de calidade dos servizos
- Responsable multimedia
- Centro de Atención de Usuarios
- Responsable de operación de servizos para a docencia
- Responsable de operación de servizos para a investigación
- Responsable de operación de servizos administrativos xerais
- Responsable de operación de servizos comúns e integración
Esta subdirección encárgase da xestión das infraestruturas de comunicacións e de procesamento de información necesarias para a implantación dos servizos TIC.
O seu ámbito de actuación abrangue ás redes de comunicación, os servizos de telefonía, a xestión dos centros de procesos de datos (locais e na nube), o mantemento de servidores e a relación con RedIRIS.
Organigrama:
Esta subdirección ocupase de prestar a atención de primeiro nivel, directamente en contacto cos membros da comunidade universitaria que usan os servizos TIC, terá a responsabilidade da provisión e mantemento do equipo de posto de traballo, aulas de informática, equipamento multimedia aulas, seminarios e salas de reunión, subministración de software de docencia e investigación, e atención aos usuarios a través do Centro de Atención de Usuarios (CAU).
Organigrama
Esta subdirección ten a responsabilidade de coordinar a operación diaria dos servizos que afectan á comunidade universitaria. Ademais, encárgase da operación e integración das aplicacións institucionais que prestan servizo á docencia e á investigación tanto no ámbito académico coma no administrativo
Organigrama
Nesta unidade agrúpanse as funcións de xestión dos proxectos TIC dirixidos a crear, modificar ou retirar servizos do catálogo de servizos TIC da USC. Fai as funcións de oficina de proxectos para toda a área e conta con recursos écnicos e humanos para a xestión dos proxectos e a implementación de aspectos críticos que requiren do coñecemento das peculiaridades da infraestrutura e sistemas de xestión universitarios.
As súas funcións comprenden todas as actividades necesarias para o despregamento seguro dos servizos definidos no catálogo, actuando de xeito transversal con respecto ao resto de subdireccións.