Ir o contido principal
Pavillón de Estudantes
  • Rúa de Lope Gómez de Marzoa, 4. Campus Vida , 15782
    Santiago de Compostela
  • proxeccion.internacional [at] usc.gal

A Oficina de Proxección Internacional coordina a actividade de proxección exterior da USC garantindo a súa articulación coa misión e  xestión institucional. Entre as súas funcións inclúense a identificación de prioridades estratéxicas no eido da internacionalización e a promoción de convenios e relacións de colaboración con organismos e institucións de educación superior internacionais, así como a participación en alianzas, redes, asociacións e foros educativos estratéxicos a nivel mundial.

A Oficina de Proxección Internacional asume, asemade, entre as súas tarefas a visibilización e posta en valor das estruturas e recursos de internacionalización da USC, asegurando o seu uso e aproveitamento interno así como o seu impacto no marco da súa estratexia de configuración dun perfil internacional.

Esta Oficina presta ademais soporte na planificación, así como na xestión das relacións institucionais con universidades estranxeiras.

Persoal

Sonia Cordido Méndez

Cargo
Xefa de Oficina
Teléfonos
881 812 845
Email
proxeccion.internacional [at] usc.es

María Cendán Rojo

Cargo
Técnica
Teléfonos
881 814 583
Email
proxeccion.internacional [at] usc.es
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.10.2023.