Ir o contido principal

Valedor da Comunidade Universitaria

O valedor da comunidade universitaria é o órgano designado polo Claustro para a defensa e garantía dos dereitos dos membros da comunidade universitaria.

Poderá ademais instar e promover ante os órganos correspondentes actuacións e iniciativas para mellorar os dereitos e liberdades  da comunidade universitaria así como a calidade en calquera ámbito da Universidade.

É unha institución independente dentro da Universidade, non está sometida a mandato imperativo ningún nin recibe instruccións de ningunha autoridade ou órgano de goberno.

As tres universidades que conforman o Sistema Universitario Galego dispoñen da figura. A Universidade da Coruña mediante a Valedora Universitaria e a Universidade de Vigo a través da Valedoría Universitaria.

No conxunto das Universidades españolas tamén ten gran raizame coas diferenciacións propias da autonomía universitaria e distintas nomenclaturas: Síndic de Greuges, Defensor Universitario, Defensor del Alumno, Tribunal de Greuges, Tribunal de Garantías, Aldezle.

Persoal

Secretaría do Valedor

Uxío Rivas

Enderezo
Casa da Concha. Rúa da Conga nº 1. 15782 Santiago de Compostela (A Coruña)
Teléfonos
881 812 950
Email
valedor@usc.gal