A creación e manipulación de imaxes é unhas das labores máis habituais nos procesos creativos dixitais. Con este curso perséguese que os participantes adquiran as nocións e habilidades básicas para o tratamento de imaxes, dende retocalas ou editalas, ata crealas dende cero nunha nova composición con formas libres, de modo que non só adquiran unhas nocións básicas sobre programas de edición, senón sobre aspectos concretos de deseño gráfico. Traballarase principalmente con GIMP, aínda que se farán alusións a outros programas de edición de imaxes, que ao igual que GIMP, tamén serían software libre, como Krita, Scribus e Inkscape entre outros. Preténdese, sobre todo, afacer ao usuario á interface particular de Gimp ao mesmo tempo que se fai un repaso polas ferramentas máis comúns e os conceptos claves necesarios para poder entender calquera documentación, taller ou titorial posterior sobre estes programas.
1.INTRODUCIÓN
- Introducción a edición dixital
- Cultura libre e Creative Commons
- Formatos de imaxe estándar
- Conceptos básicos de imaxes e cores
- Obter o software de edición de imaxes
- Acceso a recursos libres legais
2.PRIMEIROS PASOS
- Tarefas básicas de edición
- Capturar
- Escalar
- Comprimir
- Recortar
- Endereitar
- Niveis e cores
- Modos de cor
- Ollos vermellos
- Capas: Manipulación, flotantes, transformación, combinación
3.PINTANDO E SELECCIONANDO
- Ferramentas de pintura: pinceis, lata, gradacións...
- Clonado e reparado
- Ferramentas de selección
- Resolución de problemas frecuentes
4.TRATAMENTO DA COR, TRANSFORMACIÓNS E FILTROS
- Textos
- Transformacións: aliñamento e perspectiva
- Ferramentas de cor: histogramas e curvas
- Máscara de capa
- Filtros
- Outras aplicacións de tratamento de imaxes
Óscar Fernández Carballo, CIXUG