Esta formación pretende cubrir as necesidades de orientación e capacitación do persoal público con persoas ao seu cargo no que respecta a manter un comportamento ético e un espazo de traballo onde os conflitos estean debidamente canalizados. Para isto, parte dunha formación inicial na normativa de aplicación neste eido, para somerxerse logo nas bases da ética pública, coa finalidade de dar a coñecer estes contidos entre o alumnado. A partir dos mesmos, afondarase nos conceptos de ética, valores públicos, lexitimidade corrupción. Con isto, a pretensión é que melloren a xestión do seu día a día, reafirmando e consolidando a súa actuación, á vez que se lle facilitará ao persoal habilidades e competencias para que, no marco da institución, pero autonomamente e axeitándose ao seu ámbito de traballo, poidan levar a cabo o deseño dos seus propios sistemas de control interno e protocolos de actuación.
-
MARCO NORMATIVO, CÓDIGO DE CONDUTA E VALORES ÉTICOS PARA O SERVICIO PÚBLICO.
-
LEXITIMIDADE INSTITUCIONAL, MALA PRAXE E CONSECUENCIAS LEGAIS E REPUTACIONAIS.
-
CONFLITOS ÉTICOS, CONFLITOS DE INTERESE, INCOMPATIBILIDADES, FRAUDE E CORRUPCIÓN.
-
INSTRUMENTOS PARA A PREVENCIÓN: SISTEMAS DE CONTROL INTERNO E CANLES DE DENUNCIA.
-
DESEÑO DE PROTOCOLOS E GUÍAS PARA A PREVENCIÓN.
Diana Santiago Iglesias.Dpto. Dereito Común. USC
Bran Barral Buceta. Dpto. Ciencia Política e Socioloxía.USC