Este curso pretende impartir unha formación básica non deseño de proxectos de innovación educativa en Saúde Comunitaria para docentes da Universidade de Santiago de Compostela. O curso tratará amplamente o tema de Promoción da Saúde Comunitaria Baseada en Activos, cunha especial atención aos enfoques salutoxénico e determinantes sociais da saúde e o benestar como vía para o desenvolvemento e deseño de proxectos de innovación educativa.
-
PRESENTACIÓN DE CONTIDOS E MÉTODOS DO CURSO.
-
PROMOCIÓN DÁ SAÚDE COMUNITARIA BASEADA EN ACTIVOS. SEMINARIO E DEBATE SOBRE A PRÁCTICA DAS PERSOAS PARTICIPANTES Á PROPÓSITO DE LECTURAS PREVIAS PROPOSTAS POLO EQUIPO DOCENTE SOBRE SALUTOXÉNESE, ACTIVOS PARA A SAÚDE E DETERMINANTES DO BENESTAR.
-
DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO BASEADO EN ACTIVOS. MODELO ABCD E DIMENSIÓNS PARA UN MAPEO.
-
MAPEO DE ACTIVOS COMUNITARIOS. TÉCNICAS DE CIENCIA CIDADÁ. PREPARANDO A IDENTIFICACIÓN DE ACTIVOS NO TERREO. ELECCIÓN DO OBXECTIVO, CONTIDO, CONTEXTO E TÉCNICA. TERASE EN CONTA NA PRESENTACIÓN COMA NA REALIZACIÓN DE TRABALLOS A PERSPECTIVA DE XÉNERO COMO EIXO DE DESIGUALDADE.
-
PREPARANDO A IDENTIFICACIÓN DE ACTIVOS COMUNITARIOS.
-
O ALUMNADO COMPARTE O SEU MAPEO E CONTRASTA CO RESTO DO ALUMNADO.
-
TRANSFERENCIA DO APRENDIDO A UNHA EXPERIENCIA PRÁCTICA NUN PROXECTO:
- Como se fai un proxecto de promoción da saúde baseada en activod.
- Como plantexarse unha estratexia comunitaria nun contexto determinado a partires do mapeo de activos.tarefa: o alumnado adapta o aprendido no curso a cada contexto conreto de traballo para transferir o coñecemento
-
XERANDO COÑECEMENTO CONXUNTO A PARTIRES DA PRÁCTICA. REVISIÓN GLOBAL DOS CONTIDOS DO CURSO.
-
AVALIACIÓN E FIN DA FORMACIÓN.
MARIANO HERNÁN GARCIA. Escola Andaluza de Saúde Pública (EASP)
AINHOA RUIZ AZAROLA. Escola Andaluza de Saúde Pública (EASP)
CARMEN LINEROS GONZÁLEZ. Escola Andaluza de Saúde Pública (EASP)