Skip to main content

As particularidades do branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico, a debate na Facultade de Dereito

Un seminario debaterá este martes 8 e o mércores 9 na Facultade de Dereito arredor do tema ‘ Narcotráfico e branqueo de diñeiro procedente do tráfico de drogas’. Organizado pola USC a través do Seminario de Estudios de Seguridade e Defensa (USC-CESEDEN), a Fundación Galega contra o Narcotráfico e o Valedor do Pobo, o encontro procura un coñecemento detallado sobre a problemática do narcotráfico en Galicia e en España da man de expertos dos ámbitos académico, policial e xudicial. O seminario terá un enfoque eminentemente práctica –apoiada nas experiencias profesionais dos relatores convidados- sobre o que significa o delito do narcotráfico a nivel nacional e internacional e o branqueo de capitais procedentes desta actividade delitiva, proporcionando aos asistentes información concreta sobre as características deste fenómeno en Galicia. Resulta especialmente salientable a alta cualificación profesional e experiencia dos relatores/as convidados/as, entre os que destaca a presenza de xuíces cunha ampla traxectoria en procesos de narcotráfico, como Marisol López ou Juan Carlos Carballal, xunto coa asistencia de altos responsables da Armada, a Gardia Civil, a Axencia Tributaria ou a Policía Nacional, ademais de docentes da propia Universidade e expertos da Fundación contra o Narcotráfico. As xornadas están especialmente dirixidas a estudantes, docentes e profesionais de Dereito, Economía, Xornalismo, Forzas de Seguridade e Administración de Xustiza que queiran ampliar os seus coñecementos e profundar no estudo do narcotráfico e o branqueo de cartos derivados desta actividade, cunha especial mención para o caso galego.

The contents of this page were updated on 04.08.2014.