Skip to main content

Novos modelos de negocio en comunicación, a crise alimentaria mundial e o deseño de hortos agroecolóxicos, propostas para a segunda semana da Universidade de Verán 2014

Novos modelos de negocio en comunicación, a crise alimentaria mundial e o deseño de hortos agroecolóxicos, propostas para a segunda semana da Universidade de Verán 2014
Novos modelos de negocio en comunicación, a crise alimentaria mundial e o deseño de hortos agroecolóxicos, propostas para a segunda semana da Universidade de Verán 2014
O prazo de matrícula para estes cursos remata o venres 30 de maio

A xestión dunha marca persoal e novos modelos de negocio de comunicación, perspectivas e estratexias na crise alimentaria mundial; e pequenos hortos agroecolóxicos son as tres propostas que se van desenvolver na segunda semana de actividade da Universidade de Verán 2014, do 9 ao 15 de xuño, en Santiago e en Guísamo-Bergondo. A matrícula para estes tres cursos permanecerá aberta ata o próximo venres 30 de maio. O curso que dirixe Francisco Campos Freire ‘ Xestión dunha marca persoal e de novos modelos de negocio de comunicación’ celebrarase do 9 ao 13 de xuño na Facultade de Ciencias da Comunicación. Os contidos propostos oriéntanse á aprendizaxe para o desenvolvemento de competencias de xestión da comunicación para os medios e redes sociais dixitais así como para a promoción e o emprendemento profesional e empresarial. Estará focalizado nas competencias de creación, promoción e difusión dunha marca persoal e a súa importancia nos novos modelos de negocio da comunicación. O curso ‘ A crise alimentaria mundial: perspectivas e estratexias’ tentará achegar unha análise dende a perspectiva académica e profesional sobre a situación da fame no mundo analizando as súas causas e consecuencias. Tamén proporá unha avaliación desta problemática dende unha perspectiva de xénero e o estudo das propostas realizadas dende a cooperación internacional para o desenvolvemento. En conxunto, o curso que dirixe Irene Rodríguez Manzano aposta por sensibilizar á sociedade sobre o problema da fame e as súas potenciais solucións. Desenvolverase na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais entre os días 10 e 12 de xuño. Os días 12 e 13 de xuño, en Guísamo (Bergondo), celebrarase o curso dedicado a ‘ Pequenos hortos agroecolóxico’ baixo a dirección de Xan Neira Seijo e Tomás Cuesta García. A súa finalidade é propoñer criterios para o deseño e manexo de pequenos hortos manexados con criterios agroecolóxicos e atender a demanda formativa de diferentes colectivos relacionados co deseño, goberno e práctica de pequenos hortos.

The contents of this page were updated on 05.26.2014.