Clausúranse en Fonseca os cinco másteres de Ondontoloxía
O Salón Nobre do Colexio de Fonseca acolle este sábado 5 o acto de clausura dos cinco másteres propios que se imparten en Odontoloxía. Será ás 12.00 horas nun acto que preside o reitor Juan Viaño e ao que asisten ademais o presidente do Colexio de Odontólogos, José María Suárez Quintanilla; o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal Otero; a vicedecana do centro, Inmaculada Tomás Carmona; e o director do Departamento de Estomatoloxía, Jacobo Limeres Posse. Na cerimonia intervirán os cinco responsables dos títulos propios da Facultade. Así, tomarán a palabra Victor Alonso de la Peña, do Máster en Rehabilitación Oral mediante Implantes e Próteses dentais; David Suárez Quintanilla, do Máster Ortodoncia e Ortopedia Dentofacial; Andrés Blanco Carrión, do de Odontoloxía Práctica Diaria; Benjamín Martín Biedma, do Internacional Teórico-Práctico en Endodoncia Avanzada; e José Manuel Gándara Rey, do Máster en Medicina Oral, Cirurxía e Implantoloxía. Ademais, intervirán en representación do alumnado Marta Fernández Varela e Rafael Gándara Vila.