Skip to main content

Unha xornada en Dereito repasa os programas de financiamento europeos dirixidos a pequenas e medianas empresas

Os novos programas de financiamento para Pemes e os distintos aspectos prácticos e sectoriais sobre as iniciativas de apoio ás empresas son os contidos que se tratarán na xornada ‘Financiamento europeo para Pemes galegas 2014-2020’ organizada polo Centro de Estudos e Documentación Europea (CEDE) e o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC (CERGI). As conferencias están dirixidas a alumnado e pequenos empresarios galegos de xeito que poderán ter acceso a información sobre as axudas da Unión Europea das que poderían beneficiarse, tales como fondos europeos, estruturais ou de cohesión, entre outros. A xornada celebrarase o 18 de novembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito en horario de tarde. A inscrición é gratuíta. As persoas interesadas deben formalizar este trámite dirixíndose a calquera dos dous centros organizadores, a través dos correos electrónico cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es) ou cergi [at] usc.es (cergi[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 11.12.2013.