Skip to main content

O profesor Jacobo Limeres acaba de ser elixido presidente da Sociedade Española de Odontoestomatoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais

Jacobo Limeres Posse é o novo presidente da Sociedade Española de Odontoestomatoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais
Jacobo Limeres Posse é o novo presidente da Sociedade Española de Odontoestomatoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais
Tamén integran a xunta directiva de SEOEME os profesores Javier Fenrández Feijoo e Pedro Diz

O director do departamento de Estomatoloxía da USC, Jacobo Limeres Posse, acaba de ser elixido presidente da Sociedade Española de Odontoestomatoloxía para o Minusválido e Pacientes Especiais (SEOEME) no transcurso do congreso nacional celebrado esta pasada fin de semana en Palma de Mallorca. Na nova xunta directiva tamén participan os profesores de Estomatoloxía da USC Javier Fernández Feijoo, como vicepresidente, e Pedro Diz Dios que será o vogal para as relacións internacionais. Todos eles son integrantes da Unidade de Doentes Especiais constituída hai mais de 20 anos na Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC.

A SEOEME é unha sociedade científica orientada ao intercambio de coñecemento e ao desenvolvemento dunha Odontoloxía dedicada ao paciente discapacitado ou medicamente comprometido. Entre os seus obxectivos destacan o desenvolvemento de técnicas e procedementos que melloren a accesibilidade das persoas discapacitados ao tratamento dental, ademais de traballar no asesoramento de asociacións e institucións para a mellora da calidade asistencial da poboación discapacitada.

Ademais do profesor Limeres (quinto pola esquerda), tamén integran a nova directiva de SEOEME os profesores Pedro Diz (terceiro pola dereita) e Javier Fernández (terceiro esquerda)

The contents of this page were updated on 11.13.2013.