Skip to main content

Medicina emite un comunicado en relación coa proposta de que as tres universidades galegas colaboren na docencia da titulación

A Xunta de Facultade de Medicina e Odontoloxía acordou este xoves manifestar a súa postura contraria a unha titulación de Medicina compartida entre as tres universidades galegas como propón a Secretaría Xeral de Universidades. A inexistencia de precedentes de títulos compartidos de Medicina xunto ás dificultades “legais e de xestión” deste tipo de titulacións son algúns dos argumentos empregados polo centro, que lembra que dende hai máis de 30 anos a formación técnico-práctica do seu estudantado se realiza nos hospitais de Santiago, A Coruña e Vigo e recentemente tamén en Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.

The contents of this page were updated on 12.19.2013.