Skip to main content

A Universidade de San Petesburgo investiu doutor honoris causa ao catedrático Carlos Pajares

A investidura celebrouse en San Petesburgo este martes.
A investidura celebrouse en San Petesburgo este martes.

O catedrático da USC Carlos Pajares acaba de ser nomeado doutor honoris causa pola Universidade de San Petesburgo, a máis antiga das institucións universitarias rusas, cuxa fundación se remonta ao ano 1724, e unha das máis grandes e prestixiosas deste país. Entre os seus graduados atópanse tres premio Nobel de Física, como Lev Landau, creador de toda unha escola de Física Teórica. Ademais, do seu claustro formaron parte nomes ilustres como Vladimir Fock, iniciador da Teoría Cuántica de Campos, ou Gregori Perelman, merecedor da Medalla Fields de Matemáticas e o investigador que resolveu a conxectura de Poincaré. Nos últimos 30 anos, San Petesburgo está considerado como un dos núcleos máis importantes en Física Teórica de Partículas. O nomeamento de Pajares vén recoñecer as súas contribucións no campo das interaccións entre núcleos e o comportamento dos constituíntes últimos da materia a alta densidade, estando considerado como o fundador dunha escola de Física Teórica de ampla relevancia internacional. Este grao académico quere ser un recoñecemento tamén a unha colaboración de máis de 20 anos do investigador da USC con homólogos da institución rusa. O estudo de correlacións de amplo espectro é un campo no que o catedrático da USC mantén unha intensa colaboración con investigadores da Universidade rusa e respecto do que impartiu unha conferencia no acto de investidura celebrado en San Petesburgo. Previamente Pajares salientou o “ agradable” de recibir un recoñecemento destas características que “neste caso aprecio por razóns especiais, dados os meus sentimentos e atracción por Rusia, San Petesburgo e a Física que se practica nesta cidade e nesta institución”. As diferenzas entre Rusia e España servíronlle para lembra sos aspectos históricos comúns entre ambos territorios que explicarían “que a xente de ambos países teña, en moitos sentidos, un comportamento similar”. Aludiu na enumeración das similitudes a que España e Rusia son países que viviron illados do “oeste e o seu progreso”, entando emprazados na fronteira de diferentes culturas. Estas “afiadas diferenzas culturais na forma de pensa re vivir, son af onte de fortes problemas” ao tempo que orixe “dun enriquecemento de ideas, coñecemento e pensamentos”. Todas estas circunstancias históricas, “traducíronse en profundas, creativa se marabillosas realizacións no mundo da literatura, a música ou da pintura”, sinalou Carlos Pajares. No eido da Física, “é sabido que aprecio recibir este grao honorario dunha institución onde se teñen graduado Landau, Semenov e Prokhorov e onde o fundador do Departamento de Alta Enerxía Física e Física de Partículas foi Vladimir Fock e na actualidade hai moitos investigadores de prestixio”, engadiu o profesor da USC. Carlos Pajares Autor de máis de 250 artigos da súa especialidade, ten publicados catro libros, dos que dous son de divulgación. A isto, hai que sumar unha abundante produción de artigos divulgativos en prensa, con colaboracións para El Pais, El Mundo, ABC, El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Progreso ou Investigación y Ciencia, entre outros. Carlos Pajares foi o primeiro decano da Facultade de Física da USC, ademais de ter sido reitor da institución académica compostelá entre 1984 e xullo de 1990. Doutor pola Universidade Complutense realizou estadías na Universidade de París-Sur así como na de Washintong en Seattle, ademais de ter sido profesor titular da Autónoma de Barcelona. Este nomeamento súmase ao recentemente concedido pola Universidade Técnica de Lisboa, e aos premios de Investigación de Galicia (2007) e Xunta de Galicia de Divulgación (1994) ou á medalla de Ouro da Real Sociedade Española de Física. Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas de Francia, foi delegado científico de España no CERN entre 2008 e 2012, vicepresidente da Real Sociedade Española de Física e membro de diversas comisión científicas de avaliación e asesoramento de organismos internacionais como a UE, OEIA, CERN, ANEP ou CSIC, entre outros. O profesor Pajares disertou sobre as correlacións de amplo espectro

The contents of this page were updated on 06.12.2013.