Skip to main content

O equipo do xornal dixital infoLibre reúnese esta semana con estudantes de Xornalismo

O director editorial do diario dixital infoLibre, Jesús Maraña, falará este xoves 12 nun encontro con estudantes de Xornalismo acerca da viabilidade dun xornalismo independente. Na charla, ás 11.00 horas no Auditorio da Facultade, o xornalista estará acompañado do decano da Facultade compostelá de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira, e do redactor xefe de InfoLibre, Fernando Varela.

Previamente, o mércores 11 tanto o xornal dixital como a súa revista mensual en papel tintaLibre organizan en Santiago un coloquio sobre o futuro do xornalismo independente nuns tempos de crise nos que, consideran, “a industria tradicional dos medios de comunicación dá mostras cada vez máis evidentes de debilidade económica e de entrega ao pensamento único”. Reflexionarán sobre isto o mércores ás 19.00 horas na Galería Sargadelos o propio Maraña, o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, e o líder de Siniestro Total e colaborador habitual de diferentes medios de comunicación, Julián Hernández.

The contents of this page were updated on 12.10.2013.