Skip to main content

A Fundación Segundo Gil Dávila abre unha nova convocatoria de bolsas de estudos

A Fundación Benéfica-Docente ‘Segundo Gil Dávila’ convoca trece bolsas de estudos para persoas sen recursos suficientes. A convocatoria, que mantén aberto ata o 15 de xullo o prazo de solicitude, establece o requisito de ser natural de Galicia ou descendente de galegos. En concreto, ofértanse tres bolsas de ampliación de estudos para un licenciado/a en Ciencias Químicas ou Enxeñaría Química, unha para un perito/a mercantil ou diplomado/a en Estudos Empresariais, outra para un licenciado/a en Ciencias Políticas ou Económicas e outra para titulados/as superiores do Conservatorio Superior de Música de Madrid ou dos galegos, todas elas dunha contía de 12.000 euros, ás que lle hai que sumar outras dúas adicionais para sumar ao grupo máis adecuado. Ademais, ofértanse catro bolsas de 5.000 euros anuais cada unha para o Seminario de Tui-Vigo e unha de 12.000 para ampliar estudos nese centro. Por último, est Xunto cun escrito de solicitude, que deberá dirixirse ao secretario da Fundación ao Apartado de Correos 292 de Santiago, os solicitantes deberán acompañar unha declaración xurada na que se faga constar que reúne as condicións esixidas e na que figuren as cualificacións académicas alcanzadas e outros méritos, un proxecto detallado do traballo a realizar –preferentemente relacionado con Galicia e con proxección socioeconómica- con indicación do centro ou organismo no que se curse, e o compromiso de indicar se solicitou algunha outra bolsa.

The contents of this page were updated on 05.29.2012.