Skip to main content

O profesor Gumersindo Feijoo acaba de ser elixido membro da Comisión Permanente da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química

Pola súa banda, Juan Lema foi nomeado Membro Honorario da Conferencia

O profesor Gumersindo Feijoo acaba de ser elixido como integrante da nova Comisión Permanente da Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química (CODDIQ) na xuntanza da súa 8ª Asamblea, celebrada esta semana en Madrid. Na mesma reunión, a Conferencia acordou nomear como Membro Honorario da Conferencia ao profesor Juan Lema polo seu destacado traballo ao longo deste anos en prol da Enxeñaría Química en España. A CODDIQ tivo ao longo destes últimos catro anos un labor destacado na definición das directrices do grao e do máster universitario en Enxeñaría Química. Ademais puxo en marcha un Congreso de Innovación Docente neste ámbito temático, de carácter bianual que permite presentar e discutir as melloras no eido da docencia universitaria.

The contents of this page were updated on 05.11.2012.