Skip to main content

Comeza en Medicina o XIX Congreso da Federación de Estudantes de Odontoloxía

O reitor Juan Casares presidirá o luns 16 a xornada inaugural nun acto programado para as 16.00 horas

O reitor Juan Casares presidirá o vindeiros luns 16 a inauguración do XIX Congreso da Federación de Estudantes de Odontoloxía (ANEO) ás 16.00 horas no Salón de Actos da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC. Intervirán ademais o presidente do Comité organizador, Alfonso Souto; o vicepresidente da Federación Española de Estudantes de Odontoloxía, Pau Flores; o presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña, José Mª Suárez; e a vicedecana de Odontoloxía, Inmaculada Carmona. Asistirá ademais o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán. O programa científico do encontro arrancará de inmediato cunha mesa redonda dedicada a cuestións de actualidade da Odontoloxía e saídas profesionais á que asistirán representantes do colexio profesional, alumnado dun máster da USC, profesionais con experiencia laboral no estranxeiro e un representante das forzas armadas. Esta primeira xornada completarase coa conferencia que impartirá a partir das 18.30horas o profesor José González Bahillo.

The contents of this page were updated on 07.13.2012.