Skip to main content

Un curso de verán analiza en setembro o problema do acontecemento no pensamento contemporáneo

Un curso de verán analiza en setembro o problema do acontecemento no pensamento contemporáneo
Un curso de verán analiza en setembro o problema do acontecemento no pensamento contemporáneo
UNIVERSIDADE DE VERÁN 2012

Política da filosofía: o problema do acontecemento no pensamento contemporáneo’ é o título do curso de verán que, dirixido por Francisco Conde Soto, se desenvolverá os días 6 e 7 de setembro na Facultade de Filosofía. Entre outros asuntos, nas sesións do encontro exploraranse as diversas propostas e teorías de autores como Martin Heidegger, Sigmund Freud,Jacques Lacan, Pierre Bourdieu, Gilles Deleuze, Félix Guattari ou Daniel Bensaïd.

Entre o claustro de docentes figuran especialistas das Universidades de Santiago, Complutense de Madrid e da UNED.

The contents of this page were updated on 07.11.2012.