Skip to main content

Filosofía reunirá aos expertos do congreso internacional ‘Cultura, educación e innovación’

O Instituto de Ciencias da Educación da USC colabora coa Rede de Investigación en Ciencias Sociais (RedICIS) e a Sociedade Interuniversitaria de Filosofía (SIFA) na organización do congreso internacional ‘Cultura, educación e innovación’, que dará comezo na Facultade de Filosofía o vindeiro xoves 13 e se estenderá ata o próximo día 15. O fortalecemento da capacidade investigadora e a transferencia de resultados, a creación de oportunidades de recoñecemento para as actividades dos grupos de investigación e os resultados alcanzados, así como fornecer a capacidade competitiva dos grupos á hora de captar recursos e potenciar a consolidación, o crecemento da rede redICIS e a súa interacción con outras redes, marcan os obxectivos deste encontro internacional. Cultura, turismo e educación con os eixos temáticos que vertebrarán os relatorios programados para o primeiro día da programación, no que se darán cita relatores procedentes de Perugia, Dublín, Valencia, Murcia, Oviedo, Madrid, Coruña ou Friburgo, ademais da propia USC. Ao día seguinte será a quenda de innovación e de goberno corporativo con especialistas procedentes de Sevilla, Madrid, Arizona, Azores ou California. O programa rematará cunha sesión específica dedicada á filosofía. Máis información na páxina web do Instituto de Ciencias da Educación.

The contents of this page were updated on 09.10.2012.