Skip to main content

Dereito organiza un ‘Almorzo Corresponsables’ para debater sobre a responsabilidade social en Galicia

‘A Responsabilidade Social en Galicia’ é o lema do Almorzo Corresponsables que este luns 8 organiza o Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do investidor da USC (CERGI) no Salón Decanal da Facultade de Dereito entre as 10.30 e as 12.30 horas. A vicerreitora de Responsabilidade Social e Calidade, Benita Silva, presidirá esta sesión na que tamén está prevista a asistencia do decano da Facultade de Dereito, do director xeral de Relación Laborais da Xunta de Galicia, da subdirectora xeral de Traballo, do Director do CERGI así como diversos expertos. Nesta nova iniciativa de CERGI terán presenza empresas galegas particularmente comprometidas coa RSE, ademais de que suporá a presentación en Galicia de Media Responsable, una editorial especializada en responsabilidade social. O CERGI é un centro mixto entre a USC e a Xunta de Galicia, que desenvolve labores de investigación, formación e difusión nas materias obxecto das súas liñas de investigación. Para mais información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto con armidaliliana.gallegos [at] usc.es (armidaliliana[dot]gallegos[at]usc[dot]es) ou directamente na páxina web http://www.usc.es/gl/institutos/crgi/xornadas.html.

The contents of this page were updated on 10.05.2012.