Xa está aberta a preinscrición da terceira edición do curso ‘Inglés Xurídico Internacional’
O curso de experto en ‘Ingles Xurídico Internacional’ mantén aberto ata o próximo 8 de novembro o prazo de preinscrición e matrícula na súa terceira edición. Esta acción formativa é preparatoria para os exames ILEC e TOLES, nos que o alumnado das dúas primeiras edicións presentados obtiveron unha taxa de aprobados do 100%. Grupos reducidos, atención personalizada e material específico son ferramentas que lle confiren un alto grao de calidade ao seu programa, apuntan os seus promotores. Cunha carga lectiva de 100 horas, o curso celebrarase entre o 9 de novembro e o 15 de marzo, os venres (de 17.00 a 20.00 horas) e o sábados (de 10.00 a 13.00 horas) na Facultade de Dereito da USC. Impartirán as distintas sesións o catedrático de Filoloxía Inglesa Luis Iglesias Rábade e a lectora da área de Filoloxía Inglesa formada en Reino Unido Magdalena Gorska. Baixo a dirección da profesora lourdes.mella [at] usc.es (Lourdes Mella), no programa abordaranse cuestións legais do ámbito laboral e emprego, finanzas, propiedade intelectual, constitución, dereito administrativo, código penal ou sobre Unión Europeo e dereito internacional. As persoas interesadas poden atopar máis información respecto do proceso de matrícula e particularidades do curso na web http://www.usc.es/cptf/Formacion/CursosFormacion/Datos2012/Fc34672012-2013g.htm.