O Consello Social somete a aprobación o orzamento da USC para 2011
O Pleno do Consello Social da USC someterá a aprobación este martes, día 1 de marzo, o orzamento da Universidade de Santiago para 2011 ademais de tratar o Plan de Sustentabilidade Financeira da institución para ese mesmo período. A xuntanza comezará ás 16:30 horas no Salón de Plenos da Casa da Concha (r/ da Conga, 1). Na orde do día da sesión están incluídos ademais a aprobación de titulacións de másteres universitarios, de taxas de cursos de posgrao propios e información de memorias e de transformación de escolas universitarios en facultades. Outros asuntos que se abordarán serán a elección ou ratificación de membros do Consello Social nas comisións de Mecenado, Relacións Internacionais e de Calidade do Consello de Goberno; doazóns realizadas en favor da USC; ou a ratificación e informe dos acordos adoptados na Comisión Mixta Económico-Executiva celebrada o pasado 8 de febreiro, entre outros asuntos