Skip to main content

O libro ‘Termos esenciais de dereito constitucional’ e once unidades didácticas preséntanse este martes na USC

O acto ten lugar ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito

‘Termos esenciais de dereito constitucional, galego-castelán’ é o título do libro da profesora Begoña López Portas, que se presentará este martes no Salón de Graos da Facultade de Dereito, a partir das 12:00 horas. No acto tamén se darán a coñecer doce unidades didácticas de diversas materias de Dereito elaborada por varios profesores. Ao acto de presentación asistirá a secretaria xeral da USC, Lourdes Noya; o deputado provincial Xoán Manuel Sande; o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés; a coordinadora da Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Dereito, Antonia Nieto, e as autoras e autores das publicacións.

The contents of this page were updated on 03.28.2011.