Skip to main content

O cuarto simposio sobre ensinanzas xurídicas reflexionará sobre o impacto da investigación na docencia

O congreso terá lugar o 14 e o 15 de xullo na Facultade de Dereito

A investigación e o seu impacto na calidade da docencia é o tema sobre o que se debaterá dentro do cuarto simposio sobre ensinanzas xurídicas, que se celebrará os vindeiros 14 e 15 de xullo na Facultade de Dereito da USC. As persoas que desexen poden remitir xa as propostas de comunicación para o congreso á dirección de correo electrónico simposio.derecho.bolonia [at] usc.es (simposio[dot]derecho[dot]bolonia[at]usc[dot]es) antes do 25 de abril. Estas comunicacións deben abordar temas coma os medios de avaliación, as novas tecnoloxías aplicadas á docencia, o deseño de posgraos, o dereito noutras titulacións ou as novas técnicas pedagóxicas. O congreso desenvolverase en dúas xornadas. Na do xoves 14 de xullo, o catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de León, Juan Antonio García Amado será o encargado de abrir o programa, tras a inauguración, cun relatorio, ao que seguirá un debate, os talleres de comunicación e un obradoiro sobre os sexenios de investigación en ciencias xurídicas. A xornada do venres 15 terá como principal actividade unha mesa redonda sobre a investigación aplicada á docencia, na que participarán os profesores das universidades de Santiago Marta Requejo, da Universitá degli Studi di Milano Carla Barbati Beatriz Rodríguez Sanz d de Navarra e Juan Ureña de Valencia. O congreso pecharase coas conclusións e a entrega de premios ás mellores comunicacións. Para máis información pode consultarse o enlace: http://www.usc.es/congresos/derebolo/index.html

The contents of this page were updated on 02.25.2011.