Skip to main content

Presentación da acreditación outorgada por IChemE ao grao de Enxeñaría Química da USC

Dende este momento, os estudantes que rematen o seus estudos pola USC poderán optar á categoría de Chartered Engineer, título profesional que avala a calidade da preparación dos enxeñeiros

A institución de Enxeñeiros Químicos (IChemE), organismo fundado en 1922 con base no Reino Unido, acaba de acreditar na modalidade de máster (MEng) ao grao de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago. Deste xeito, os estudantes que rematen o seus estudos pola USC poderán optar á categoría de Chartered Engineer, título profesional que avala a calidade da preparación dos enxeñeiros. Esta acreditación presentarana en rolda de prensa do reitor da USC Juan Casares, o director da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, Juan Lema, e o director do Departamento de Enxeñaría Química, Gumersindo Feijoo Costa. A presentación celebrarase este mércores a partir das 12:00 horas no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome. IChemE agrupa a preto de 30.000 enxeñeiros químicos de 113 países arredor do mundo. Está considerada, xunto con ABET de Estados Unidos, como unha das institucións de maior prestixio, tendo acreditado o BSC ou o Máster en Enxeñaría Química en máis de 60 universidades de todo o mundo.

The contents of this page were updated on 01.25.2011.