Skip to main content

Dereito conmemorou a festividade do seu patrón, San Raimundo de Peñafort

O Colexio de Fonseca da USC acolleu o acto organizado polo Colexio de Avogados de Santiago
O Colexio de Fonseca da USC acolleu o acto organizado polo Colexio de Avogados de Santiago

A Facultade de Dereito celebrou o venres o acto académico co que conmemora a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort. O reitor Juan Casares presidiu a xornada nun acto celebrado no centro compostelán ao que asistiron os decanos das facultades de Dereito de Santiago e da Coruña e a vicedecana e secretaria dos campus de Ourense e Vigo, respectivamente A lectura da memoria da facultade correspondente ao curso 2009-2010 abriu a xornada que continuou coa imposición da insignia do centro á profesora Amelia Paz González con motivo dos seus 25 anos de servizo na facultade compostelá e a entrega de diplomas aos alumnos que remataron os seus estudos o pasado curso. Pecharan o acto, o decano da Facultade de Dereito, Luís Míguez, e a intervención do reitor Juan Casares. Colexio de avogados Pola tarde, o Salón Nobre do Colexio de Fonseca foi o escenario escollido polo Colexio de Avogados de Santiago para a celebración de San Raimundo de Peñafort, nunha sesión á que tamén asistiu o reitor compostelán. No transcurso desta xornada, a organización colexial impúxolle a súa medalla de ouro ao catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e ex reitor da USC, Senén Barro.

O avogado José López Graña, a Cociña Económica de Santiago e os inspectores xefes da comisaría santiaguesa que se xubilan a comezos de 2011 recibiron tamén o recoñecemento do Colexio de Avogados. O acto concluíu coa xura de novos letrados e letradas.

Dereito conmemorou a Festividade do seu patrón, San Raimundo de Peñafort. Foto: Alfonso

The contents of this page were updated on 01.21.2011.