Skip to main content

A danza toma a testemuña do teatro na USC a partir deste domingo co IX Encontro Universitario

Compañías universitarias e outras independentes, xurdidas das propias entidades académicas, ofrecerán as ultimas tendencias na danza contemporánea
Compañías universitarias e outras independentes, xurdidas das propias entidades académicas, ofrecerán as ultimas tendencias na danza contemporánea
O festival teatral conclúe o sábado 9 en Santiago e o 10 en Lugo

A programación cultural da Universidade de Santiago ten como protagonista dende este domingo, 10 de abril, ás compañías de danza e bailaríns que participarán no IX Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC, que se celebrará primeiro no campus compostelán e a continuación no lucense. As coreografías virán da man de dez grupos das universidades de Barcelona, Granada, A Coruña e Santiago, ademais das compañías Experimentadanza, Nuria Sotelo, Amparo Novas, Cisma e A Carioca, estas últimas xurdidas no espazo de danza da USC. Na xornada do domingo, a Igrexa da Universidade, acollerá, a partir das 21:00 horas, as actuacións de Nuria Sotelo, Amparo Novas, Experimentadanza e a da Aula de Danza da USC-Santiago. Esta última, presentará a súa última montaxe, ‘Empatía’, dirixida por Juan Carlos Zahera, o responsable tamén do Espazo de Danza da Universidade de Santiago. O encontro, que ten como finalidade favorecer o intercambio cultural a través da danza por medio das distintas propostas coreográficas das universidades participantes, continuará o luns 11 e o martes 12. Durante estas xornadas, compañías universitarias e outras independentes, xurdidas das propias entidades académicas, ofrecerán as ultimas tendencias na danza contemporánea. Así mesmo, o día 12, os bailaríns ocuparán o carril existente entre a Facultade de Dereito e a Biblioteca da Concepción Arenal, con ‘Invasión Danza’, no que amosarán as destrezas adquiridas no taller de danza que impartirá Nuria Sotela os días anteriores. Tras Santiago, tocaralle a quenda ao campus lucense, onde o IX Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC terá lugar o 13 e 14 de abril. Remate do Festival de Teatro Coincidindo co inicio do encontro de danza, rematará a décima XVII edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, que, de xeito simultáneo se veu celebrando en ambos campus dende o pasado 4 de abril. Concretamente, o pano pecharase en Santiago o sábado 9 de abril, coa representación de ‘In-comunicando (exercicio que desencadea a turbación)’ por parte do grupo Mequetefres. Ao igual que o resto de representacións, a función terá lugar no Salón Teatro, a partir das 21:00 horas. En Lugo, o festival de teatro alóngase un día máis, podendo os espectadores ver este sábado 9 a última montaxe da Aula de Teatro da USC-Santiago, ‘Historia de Pura e Angelita’; e o domingo 10 a obra da compañía Mequetefres. As representacións terán lugar no Auditorio Gustavo Freire, a partir das 20:30 horas, dispoñendo os asistentes de servizo de autobús dende a Facultade de Formación do Profesorado, ás 19:45 horas; e ás 20:00 horas da Residencia Bal Y Gay.

The contents of this page were updated on 04.08.2011.