Skip to main content

O Consello Social da USC distribúe 126 bolsas de colaboración do Ministerio de Educación para que estudantes de últimos cursos se inician na investigación

O Consello Social da USC distribúe 126 bolsas de colaboración do Ministerio de Educación para que estudantes de últimos cursos se inician na investigación

O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela distribuíu 126 bolsas de colaboración a alumnos de último ano de carreira para que o vindeiro curso 2011-2012 se inicien en tarefas de investigación, segundo acordou o pleno do Consello Social na súa xuntanza de 11 de xullo. O ministerio de Educación outorgou para toda España un total 3.304 bolsas, das que 126 corresponden á USC cunha dotación de 2.700 euros cada unha. O seu obxectivo e facilitar a colaboración dos estudantes de último curso nos diferentes departamentos e Institutos de Investigación da institución académica en réxime de compatibilidade cos seus estudos.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.