Skip to main content

O Consello Social celebra unha nova xuntanza do seu Pleno

O Consello Social celebra unha nova xuntanza do seu Pleno

O Consello Social da USC tratará na próxima xuntanza do seu pleno, entre outros asuntos, diversas cuestións relacionadas coa convocatoria de aloxamento no Servizo Universitario de Residencias (SUR). A xuntanza celebrarase este martes 5 a partir das 17:00 horas no Salón de Plenos da Casa da Concha (r/ da Conga, 1).
Deste xeito, someteranse a aprobación os prezos xerais das prazas do SUR, así como os correspondentes a estudantes de mobilidade, para visitantes e congresistas e para as persoas que vaian participar nas actividades de verán. Neste mesmo capítulo tamén se tratará a convocatoria de bolsas de comedor para o curso 2010-2011.
Na orde do día tamén se inclúen outras cuestións como a aprobación de prezos da Escola Infantil Breogán e de novas titulacións adaptadas ao EEES, ou a modificación dos regulamentos do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Celulares e do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas.
Outros asuntos que completarán a orde do día será un informe sobre a modificación da relación de postos de traballo do Persoal Docente e Investigador, a venda da participación da USC na Sociedade Galeras Entrerríos ou a aprobación de doazóns a favor da USC e de contrato de comodato en favor da USC.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.