Skip to main content

O catedrático Alfredo Morales clausura o XVIII Congreso Español de Historia da Arte

O presidente do Comité Español de Historiadores da Arte reflexionará sobre ‘Escultura e cidade’

O XVIII Congreso Español de Historia da Arte que se desenvolve na USC en colaboración co Comité Español de Historia da Arte (CEHA) celebra este venres 24 a súa última xornada. Será o catedrático da Universidade de Sevilla Alfredo J. Morales Martínez, presidente do Comité Español de Historiadores da Arte, o encargado de pronunciar a conferencia de clausura titulada ‘Escultura e cidade. Mellor non ter memoria’. Nesta edición, e co lema ‘Mirando a Clío, a arte española reflexo da súa historia’, participan máis de trescentos especialistas entre investigadores, profesionais e estudantes que compartirán coñecementos, achados e experiencias que reforcen o valor da historia da arte como disciplina fundamental para o coñecemento do ser humano nas súas múltiples facetas. Da sesión deste xoves destacan as conferencias dos catedráticos da Universidade de Zaragoza Gonzalo M. Borrás Gualís co título ‘A propósito da arte mudéxar: unha reflexión sobre o legado andalusí na cultura española’ e de Santiago de Compostela Ángel Luis Hueso Montón sobre ‘Cidades filmadas. Imaxes dun entorno”.

The contents of this page were updated on 09.23.2010.