Skip to main content

Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC

Xuntanza do Pleno do Consello Social da USC

O Consello Social da USC celebrará este xoves 23 unha xuntanza do seu pleno nunha xornada que vai desenvolver na súa sede na Casa da Concha a partir das 16:30 horas.

Na orde do día, o Consello abordará a ratificación dos acordos adoptados na Comisión Executiva celebrada o pasado día 21, a prórroga dos orzamentos ou un informe do convenio colectivo de PDI. Ademais tratarase a aprobación da proposta de asignación de complementos retributivos, de modificación de máster universitario e de titulacións de máster universitario, así como de axudas para a escolarización de menores de tres anos no Campus de Lugo e de taxas de posgrao e o informe de memorias.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.