Skip to main content

O Proxecto Probiogás presenta na USC o potencial dispoñible de Galicia para producir biogás a partir das materias sobrantes do sector agroindustrial

Neste proxecto de investigación participa a USC

O macropoxecto Probiogás no que participa a Universidade de Santiago presentará este venres 18 os resultados do estudo sobre o potencial dispoñible que ten Galicia para producir biogás a partir das materias orgánicas sobrantes do sector agroindustrial.

O estudo, que se presentará aos medios de comunicación ás 11:00 horas na sala X.3.1 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría, permite identificar o total de materias sobrantes da industria agroalimentaria galega e do resto de España (láctea, pesqueira, gandeira, cárnica, vexetal…) que se pode aproveitar para xerar biogás e a cantidade desta enerxía que Galicia pode producir.

Ademais, na rolda de prensa explicaranse outros traballos realizados pola USC no marco do macroproxecto PSE PROBIOGAS, liderado por ‘ainia centro tecnológico’ co financiado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía no seu programa de Proxectos Singulares e Estratéxicos, que ten como obxectivo principal investigar e demostrar as vantaxes da produción de biogás agroindustrial.

Na rolda de prensa estarán presentes o catedrático de Enxeñaría Química da USC, Juan M. Lema, e o coordinador do PSE Probiogás e responsable do Departamento de Calidade e Medio Ambiente de Ainia centro tecnológico, Andrés Pascual.

The contents of this page were updated on 06.17.2010.