Skip to main content

Ángel García Vidal, relator convidado no foro da UE sobre dereitos de propiedade industrial

O profesor da Facultade de Dereito e director do Centro de Estudos e Documentación Europeos, Ángel García Vidal, impartirá esta semana en Madrid unha conferencia no Foro sobre observancia de dereitos de propiedade industrial organizado polo Goberno de España co gallo da presidencia do Consello da UE.

O encontro, que se desenvolverá o 11 de xuño no Recinto Feiral Juan Carlos I, contará coa participación, entre outros, de varios representantes da Comisión Europea e do Goberno español así como do director xeral da Oficina Española de Patentes e Marcas e do seu homólogo húngaro.

O profesor García Vidal, especialista en Dereito Industrial e director da prestixiosa revista Actas de Derecho Industrial y Derecho de autor, foi convidado a impartir un relatorio sobre o problema da indemnización de danos e prexuízos como consecuencia da infracción dos dereitos de propiedade industrial.

The contents of this page were updated on 06.09.2010.