Skip to main content

Reúnese este xoves o Pleno do Consello Social da USC

Reúnese este xoves o Pleno do Consello Social da USC

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reúnese este xoves, día 12, nunha sesión ordinaria a celebrar ás 16:30 horas no salón de plenos da súa sede na Casa da Concha.
Na xuntanza someteranse a aprobación diversos informes sobre a creación de titulacións de Grao e de Másteres Oficiais, sobre a mobilidade na USC, sobre axustes da Relación de Postos de Traballo do Persoal de Administración e Servizos e sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo do Persoal Docente e Investigador.
Por outra banda, presentarase o estudo ‘Impacto das Prácticas en Empresas na Inserción Laboral dos Titulados da USC’ que, de ser aprobado, farase público en datas próximas.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.