O Pleno do Consello Social da USC reúnese este luns
O Pleno do Consello Social da USC reúnese este luns
O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reúnese este luns, 30 de novembro, para tratar, entre outros asuntos, a creación de novos títulos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.
A aprobación das taxas dos cursos de posgrao propios, da proposta de asignación de complementos retributivos autonómicos e a cesión de uso de material son outros puntos da orde do día da xuntanza que terá lugar ás 16:00 horas no Salón de Plenos do Consello Social.