Skip to main content

Xosé Pereira Fariña, novo decano da Facultade de Ciencias da Comunicación

O profesor José Pereira Fariña, da área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, resultou elixido decano da Facultade de Ciencias da Comunicación. A súa candidatura foi a única presentada ás eleccións que este martes se celebraron no centro.
O novo equipo de goberno complétase cos profesores José Luis Castro de Paz e Marta Pérez Pereiro como vicedecanos e con Fernando Redondo Neira como secretario.
Mellorar os indicadores de calidade, a internacionalización, o compromiso social e os procedementos internos do centro son os principais obxectivos que o equipo de Xosé Pereira se formula para os vindeiros catro anos, nos que ademais se propón manter os niveis de infraestruturas e renovamento de equipos.

The contents of this page were updated on 11.11.2009.