Skip to main content

O Consello Social da USC celebra este venres unha xuntanza do seu Pleno

O Consello Social da USC celebra este venres unha xuntanza do seu Pleno

O Consello Social da USC reúnese este venres 17 para debater a aprobación da Conta de Liquidación do Orzamento e da Memoria Económica do exercicio 2008 e o proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos dos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais para 2009-2010. A sesión celebrarase a partir das 17:00 horas no Salón de Plenos da Casa da Concha (r/ da Conga, 1).
Na orde do día inclúense ademais a aprobación da distribución de 125 bolsas de colaboración do Ministerio de Educación para o próximo curso destinadas a iniciar nas tarefas de investigación aos alumnos de último curso de segundo ciclo que presten a súa colaboración nun Departamento. Tamén se tratará o informe da auditoría da USC do exercicio económico 2008 e das sociedades mercantís Unixest, Unidixital, Uninova, Unirisco e Cursos Internacionais da USC.
O órgano colexiado someterá a aprobación ademais a proposta de asignación de complementos retributivos autonómicos, as taxas de cursos de posgrao propios e información de memorias, e os informes sobre creación de novos programas de doutoramento adaptados ao EEES, sobre a modificación de relación de postos de traballo do PDI e do PAS ou a aprobación de cesións de uso de material, entre outros asuntos.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.