Skip to main content

Reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago

Reunión do Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago

O Pleno do Consello Social da Universidade de Santiago reunirase este xoves, día 17, a partir das 17:00 horas no seu Salón de Planos (Casa da Concha, Rúa da Conga, 1).
Na xuntanza trataranse os informes da auditoría da USC do exercicio económico 2007 e das sociedades mercantís Unixest, Unidixital, Uninova, Unirisco e Cursos Internacionais do mesmo ano. Do mesmo xeito, someterase a aprobación a conta de liquidación do orzamento e da memoria económica de 2007 e informarase sobre o convenio colectivo do PAS laboral.
Debaterase tamén o proxecto de Decreto polo que se fixan os prezos dos estudos conducentes á obtención de títulos oficiais no ensino universitario para o vindeiro curso.
A distribución de 125 bolsas de colaboración do MEC para o vindeiro curso destinadas a iniciar nas tarefas de investigación aos alumnos de último curso de segundo ciclo que presten a súa colaboración nun Departamento e a inclusión da USC na Fundación Confederación de Empresarios de Galicia para la Innovación Empresarial son outros dos puntos a tratar na xuntanza deste xoves.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.