Skip to main content

O psicólogo David Facal recibiu o IV Premio Humanitas convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

De esquerda a dereita, David Facal, Perfecto Yebra, Manuel Puga e, Jose M. Mayán
De esquerda a dereita, David Facal, Perfecto Yebra, Manuel Puga e, Jose M. Mayán
O psicólogo David Facal recibiu o IV Premio Humanitas convocado polo Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

O psicólogo da Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con demencia tipo Alzheimer (AGADEA), David Facal Mayo, recibiu este mércores, día 16, o IV Premio Humanitas que convocan o Consello Social da USC e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (AAAAUSC) e que está dedicado a resaltar accións solidarias. O galardón consiste nun premio en metálico de 2.000 euros, unha insignia de prata da AAAAUSC e un diploma acreditativo.
A entrega do premio celebrouse nun acto no Salón de Plenos do Consello Social que contou coa participación do presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga Pereira; do vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, Jose M. Mayán Santos; e do presidente da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, Perfecto Yebra Martul-Ortega.
Coa concesión deste galardón preténdese recoñecer o intenso traballo de David Facal a prol do apoio a persoas que padecen Alzheimer así como ás súas familias. Dende a súa incorporación á asociación galega, realizou un destacado labor neste campo que se viu recompensado co seu contacto directo con todos os que padecen este trastorno neurodexenerativo que cambiou a súa vida. A candidatura de Facal fora proposta polo Servizo de Participación e Integración Universitaria.
O premiadoDavid Facal é licenciado en Psicoloxía pola USC, onde ademais completou os seus estudos co Diploma de Estudos en Psicoloxía Evolutiva e da Educación e cun Máster en Xerontoloxía. No ano 2000 comezou a súa vinculación coa Oficina de Voluntariado da USC, participando como voluntario na Residencia de Mayores Porta do Camiño e no programa de acompañamiento a persoas maiores da Cruz Vermella. De volta dunha estanda na Unidade de Logopedia da Universidade de Newcastle Upun Tine (Inglaterra), comeza a participar a través da USC en accións de voluntariado social no eido da saúde mental severa.
No ano 2002 obtivo unha bolsa de investigación no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da USC, dentro do proxecto ‘O fenómeno da punta da lingua (PDL) no proceso de avellentamento e na enfermidade de Alzheimer’. No ano 2005, participou na asemblea constituínte da Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental, da que é vocal, e foi elixido secretario da Sección de Intervención Social do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia. A finais do mesmo ano, comezou a traballar como psicólogo en AGADEA.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.