Skip to main content

O Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC convocan o V Premio Humanitas

Cartel da quinta edición do Premio Humanitas
Cartel da quinta edición do Premio Humanitas
O Consello Social e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC convocan o V Premio Humanitas

O Consello Social da USC e a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da universidade compostelá (AAAAUSC) convocan a quinta edición do Premio Humanitas. Esta iniciativa premia as accións solidarias levadas a cabo por persoas físicas, colectivas ou asociacións que se distingan polas súas cualidades humanas, mediante a súa dedicación en actividades solidarias, sociais e humanitarias.
Poderán optar ao premio o persoal docente e investigador, o de administración e servizos, os socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e os estudantes.
Para acceder á convocatoria deberase presentar unha memoria antes do 30 de outubro e deberá estar avalado por dous membros do Consello Social, do Consello de Goberno da Universidade ou da Asociación. O xurado, que fará público o ditame en novembro, estará constituído polo reitor; polo presidente e a secretaria da Asociación de Antigos Alumnos; polo presidente e or un vogal do Consello Social; e polo gañador da edición anterior.
Como novidade respecto a pasadas convocatorias, acordouse aumentar o premio en 3.000 euros.

The contents of this page were updated on 07.22.2022.